España é un Estado que sofre de crise de identidade pola resaca dunha mala xestión do seu pasado. Comprender a súa problemática a día de hoxe dende fóra é complexo. Por qué moitos dos españois non se sinten como tal? Por qué cada vez son máis os que, en nacións históricas como Catalunya, Euskal Herria ou Galiza abogan polo separatismo e a autodeterminación? Estas cuestións e moitas máis poderían resumirse nunha pregunta: por qué existe un rechazo público do seu maior símbolo de identidade: a bandeira?
A bandeira española é exhibida con orgullo en manifestacións anti LGTBI, en contra do aborto, en contra da inmigración, en contra da autodeterminación das nacións históricas do Estado español e, como non, en xuntanzas de franquistas e neonazis -ou como os chaman nuns medios de comunicación que acostuman a blanquear o fascismo: “nostálxicos”-. Pero, por qué gañou este simbolismo? A qué se debe o seu uso neste tipo de eventos?
Non hai moito tempo que España viviu case 40 anos de ditadura. Unha ditadura na que Francisco Franco Bahamonde, que de seguro hoxe en día apoiaría todas e cada unha das causas citadas no anterior párrafo, tivo a todo un país reprimido. Se alguén se amosaba públicamente remiso ao réxime, non lle quedaba outra que fuxir e exiliarse noutro país ou ser executado.
Este período foi seguido pola Transición á suposta democracia. A realidade é que Franco, antes de morrer e dar paso a esta etapa, nomeou a dedo a Juan Carlos I como rei de España. Este, a súa vez, nomeou presidente a Adolfo Suárez, histórico do FET y de las JONS. Os dous sentaron as bases do que ía ser o Estado español. Ao comezo, tomaron algunhas decisións, como non legalizar o Partido Comunista Español, que foi a maior forza da oposición durante a ditadura, ata abril do 1977 ou non permitir que se levase a referendo a forma do Estado, implantando así a Monarquía Parlamentaria. Hoxe aínda segue vixente e inalterada a Constitución española de 1978.
Todos estes feitos foron levados a cabo sempre baixo a mesma bandeira, a “rojigualda”, dúas franxas vermellas separadas por unha amarela. Despois da ditadura sustituiuse o águia franquista por un escudo monárquico. Ese foi o único cambio do símbolo que pretende unir a unha nación.
O feito de que, a 2018, a Xustiza española e o Goberno teñan presos políticos por realizar referendos ilegais, músicos condenados a cárcere por inxurias á coroa, humoristas imputados por soarse o nariz na bandeira, a Francisco Franco nun mausoleo aberto a visitas e congregacións de fascistas ou partidos de extrema dereita legalizados e permita o seu auxe no espectro político non axuda a que a poboación se sinta identificada co que, para moitas persoas, non deixa nin deixará de ser a bandeira do bando nacional. O emblema dos gañadores da Guerra Civil.